O alcalde de Monforte valorou a participación dos atletas nos XV Xogos do Eixo Atlántico

RibeiraSacraXa
Nesta edición dos Xogos do Eixo Atlántico, o Concello de Monforte estivo representado por 83 monfortinos e monfortinas
Xogos-do-Eixo-Monforte
Xogos-do-Eixo-Monforte
9 Xul 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, valorou moi positivamente a participación dos atletas monfortinos nos XV Xogos do Eixo Atlántico en Portugal, que se disputaron nas cidades portuguesas de Braga e Vila Nova de Famalicão ao longo da pasada semana.

En concreto, o rexedor monfortino destacou, en atletismo, as dúas medallas acadadas polo atleta Ismael Rodríguez Nieves, unha medalla de prata en 1.000 metros en pista masculino e unha medalla de bronce en atletismo en ruta masculino.

En canto as clasificacións por disciplinas deportivas, a delegación monfortina quedou no 5ª en voleivol, 12ª en fútbol, 15ª en baloncesto feminino e 17ª en baloncesto masculino.

Nesta edición dos Xogos do Eixo Atlántico, o Concello de Monforte estivo representado por 83 monfortinos e monfortinas, entre deportistas e adestradores, que competiron nas modalidades de baloncesto (feminino e masculino), fútbol 7 (masculino), voleibol (feminino), atletismo (masculino e feminino) e natación (feminina e masculina).

Tras estes resultados, o alcalde felicita á delegación de deportistas monfortinos na súa nova participación nos Xogos do Eixo Atlántico, que “estou seguro fixeron con ilusión, esforzo e ambición, os cales lles permitiron acadar estes bos resultados".

0.19392490386963