O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugura a VI edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
No acto, o alcalde estivo acompañado polo pregoeiro, Antonio Lombardía Crespo, presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra
estival-de-Viño-da-Denominación-de-Orixe-Ribeira-Sacra
Inaguración da cita
6 Xul 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou a sexta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, que se celebrará ata o 7 de xullo no paseo do Malecón da cidade.

No acto, estivo acompañado por unha ampla representación institucional, ademais do pregoeiro desta edición, que será Antonio Lombardía Crespo, presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.

Un dos aspectos máis destacados desta sexta edición é o incremento no número de adegas participantes, que aumentou en catro con respecto á edición de 2023 e en 7 con respecto a 2022, participando neste ano 34 adegas, que supoñen o número máis alto de participación nas 6 edicións que se levan celebrado do Festival do Viño.

Todas estas adegas ofrecerán ó visitante a posibilidade de degustar e gozar dunha ampla variedade de viños que non deixarán indiferente a ninguén, nunha contorna natural, tranquila e confortable á beira do Río Cabe.

Neste senso, o rexedor iniciou a súa intervención agradecendo ós adegueiros e adegueiras “o seu compromiso, esforzo e pola colaboración, porque gracias á vosa xenerosidade imos poder disfrutar dun evento que proxecta a calidade e a excelencia dos nosos viños nun mercado moi amplo e que fai de reclamo para a comarca de Lemos e para a Ribeira Sacra, como a min me gusta dicir, un anaco de Paraíso no interior de Galicia”.

CONSULTA TODA A PROGRAMACIÓN PREMENDO AQUÍ.

0.17991399765015