O 6 de xullo a Casa da Cultura de Bóveda acollerá a final do Bóveda Slam Poetry
RibeiraSacraXa
Participarán os poetas que xa participaron dalgún encontro durante a tempada e haberá colaboracións especiais

19 Jun 2024
O Bóveda Slam Poetry celebra a súa gran final de tempada o vindeiro 6 de xullo ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Bóveda.
Nesta, participarán os poetas Xosé Casar, Yolanda Alcas, Gardián da Torre, Paloma Sas, Jose Antonio, María Barrado, Roberto do Pacio e Galego de Caracas.
Ademais, durante o evento, contarase coa colaboración especial dun combo de creativa e tamén actuará Valentina’s Band.