O 30 e o 31 de marzo terá lugar a Feira do Viño de Quiroga
A XLII Feira do Viño de Quiroga xa ten data confirmada, será o 30 e o 31 de marzo, data que se mantén na Semana Santa dende hai máis de trinta anos, posto que nos seus comezos no ano 1980 celebrábase durante a festividade do San Martiño, patrón da vila Quiroguesa.
E xunto coa confirmación da data tamén se presentou a primeira novidade dun evento que reunirá por terceiro ano ás adegas da subzona Quiroga- Bibei, un concurso para escoller o cartel anunciador deste evento.
O concurso daralle ao gañador 300 euros como premio e a máis de dous meses da Feira aínda non son moitos os detalles que se fixeron públicos, pero a partir de agora iranse coñecendo máis actividades organizadas con motivo da maior celebración da vila quiroguesa e que cada ano atrae a milleiros de persoas.