Montederramo convoca axudas de ata 70 euros por alumno para material escolar

RibeiraSacraXa
As subvencións están destinadas ás nenas e nenos empadroados no municipio e contan cunha dotación inicial de 1.500 euros
material-escolar
29 Sep 2026

O Concello de Montederramo abriu a convocatoria de axudas destinadas á adquisición de material escolar para as nenas e nenos empadroados no municipio. A contía será fixa e poderá alcanzar un máximo de 70 euros por alumno ou alumna.

As axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 336.48001 do orzamento municipal de 2026, cunha dotación inicial de ata 1.500 euros. Esta cantidade poderá ampliarse no caso de que o crédito previsto se esgote e sexa necesario atender todas as solicitudes presentadas.

As persoas interesadas poden presentar as solicitudes de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello de Montederramo, utilizando o modelo incluído no Anexo I das bases da convocatoria.

Tamén se poderá realizar a tramitación por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello de Montederramo.

0.15375304222107