Monforte suspende o concerto de Beret previsto para as Festas Patronais de 2026

GaliciaXa | RibeiraSacraXa
A decisión prodúcese tras as informacións difundidas nos últimos días sobre o cantante sevillano por unha presunta agresión sexual
beret-cantante
12 Jun 2026

O Concello de Monforte de Lemos decidiu cancelar o concerto de Beret que figuraba no programa musical das Festas Patronais de 2026. A actuación estaba prevista para o vindeiro 15 de agosto.

A decisión prodúcese tras as informacións difundidas nos últimos días sobre o cantante sevillano. Segundo informou o goberno local, a medida manterase mentres non se esclareza a situación legal do artista.

Para materializar a suspensión, o Concello trasladou instrucións á empresa BlacPro Producción & Rental, encargada da organización dos concertos das festas, para que inicie os procedementos administrativos necesarios que permitan deixar sen efecto a actuación programada.

Paralelamente, a administración local solicitou á mesma empresa que comece a analizar a dispoñibilidade doutros artistas co obxectivo de cubrir o oco deixado no cartel musical das celebracións.

O Concello sinala que a decisión sobre o substituto de Beret será comunicada unha vez se pechen as xestións e exista unha proposta definitiva para a actuación do 15 de agosto.

0.12055802345276