Monforte recoñecerá o talento deportivo local o vindeiro 26 de xuño coa tradicional gala do Deporte

RibeiraSacraXa
A undécima edición dos Premios do Deporte distinguirá o traballo de deportistas, clubs e persoal técnico e de arbitraxe da cidade
gala-do-deporte-monforte-2025
19 Jun 2026

A Gala do Deporte de Monforte celebrará a súa undécima edición o vindeiro 26 de xuño na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, nun acto que servirá para recoñecer o esforzo, a dedicación e os éxitos acadados por deportistas, clubs e persoal técnico vinculado ao deporte local ao longo do último ano.

O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, comezará ás 20.30 horas e nel daranse a coñecer os gañadores e gañadoras das diferentes categorías que forman parte desta convocatoria.

Nesta edición presentáronse un total de 40 candidaturas, que competirán por uns galardóns cos que se busca destacar o papel do deporte monfortino e poñer en valor o traballo desenvolvido durante a tempada.

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, subliñou a importancia desta iniciativa e destacou que o obxectivo destes premios “é poñer en valor os resultados e o traballo que desenvolven atletas, clubs e persoal técnico da nosa cidade ao longo do ano”.

Tomé incidiu ademais en que a gala pretende recoñecer “o esforzo e a dedicación de deportistas, clubs e persoal adestrador, técnico e de arbitraxe do noso Concello”, nun momento no que o deporte local continúa sumando éxitos e consolidando a súa presenza en diferentes disciplinas e competicións.

0.14962100982666