Monforte organiza hoxe unha xornada de xogos de mesa en galego

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte de Lemos organiza hoxe ás 18.00 horas unha xornada de xogos de mesa en galego para toda a familia
xogos mesa monforte portada
xogos mesa monforte portada
30 nov 2022

O Concello de Monforte organiza na tarde de hoxe a realización dunha sesión de Xogos de mesa en galego baixo o lema Xogar, aprender, medrar, a cargo de Brazolinda.

A actividade organizada polo Concello de Monforte que terá lugar  ás 18:00 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, está deseñada dentro da programación da Rede Galega de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia de 2022.

Este espectáculo é de carácter gratuíto e está dirixido a un público infantil e familiar, co desenvolvemento de xogos de mesa en galego e co obxectivo de promover o xogo en familia.

Para elo, empregaranse nesta xornada xogos de creación propia, en galego e deseñados para que poidan xogar xuntos grandes e pequenos. Estes xogos teñen unha grande aceptación entre as familias e tamén se empregan como material didáctico nas aulas, pois a través das matemáticas, expresión oral, mitoloxía galega, Camiño de Santiago, adiviñas, ... fomentan non só a aprendizaxe de contidos senón tamén a introdución do galego en calquera ámbito, favorecendo ó mesmo tempo a socialización.

O Concello de Monforte realiza esta actividade de promoción do uso da lingua galega como parte do proxecto cultural TeCe redes en galego do Fondo Xacobeo 21-22 da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

xogos mesa monforte