Monforte ilumina de azul a Torre da Homenaxe polo Día Internacional da Enfermaría

RibeiraSacraXa
O Concello súmase ás celebracións desta efeméride nun xesto de apoio e recoñecemento ao labor do persoal de enfermaría
torre-homenaxe-monforte
12 May 2026

O Concello de Monforte de Lemos súmase este martes 12 de maio á conmemoración do Día Internacional da Enfermaría coa iluminación en cor azul da Torre da Homenaxe, nun xesto de apoio e recoñecemento ao labor do persoal de enfermaría.

A celebración coincide co aniversario do nacemento de Florence Nightingale, considerada a fundadora da enfermaría moderna, e este ano ten como lema “Nosas enfermeiras. Noso futuro. As enfermeiras empoderadas salvan vidas”, unha mensaxe centrada na saúde e no benestar destes profesionais.

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, destacou que “desde o Concello sumámonos a esta conmemoración para recoñecer a labor esencial das nosas enfermeiras e dos nosos enfermeiros, porque debemos recoñecer e aplaudir o seu traballo non só neste Día Internacional, senón todos os días do ano”.
O Día Internacional da Enfermaría celébrase desde 1974 por iniciativa do Consello Internacional de Enfermeiras, unha organización fundada en 1899 e integrada actualmente por 130 asociacións nacionais de profesionais da enfermaría.

Entre os seus obxectivos figuran a promoción dunha atención sanitaria de calidade, o impulso de políticas de saúde eficaces, o avance dos coñecementos vinculados á enfermaría e o fortalecemento dunha profesión recoñecida a nivel mundial.

0.12787890434265