Monforte de Lemos encheuse de música cunha nova edición de “Conservatorio na rúa”

RibeiraSacraXa
O evento, que contou cunha ampla participación de público, consistiu nun programa de actuacións ao aire libre a cargo do alumnado e profesorado do Conservatorio Municipal
conservatorio-na-rua-monforte-2026
13 Jun 2026

O Alcalde de Monforte, José Tomé, asistiu esta tarde a unha nova edición do “Conservatorio na rúa”, unha actividade organizada polo Concello de Monforte a través do Conservatorio Municipal de Música ‘Mestre Ibáñez’, que se desenvolveu na rúa peonil do Cardeal entre as 19.00 e as 21.00 horas.

O rexedor estivo acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e a Concelleira de Muller, Igualdade e Consumo, Regina López.

O evento, que contou cunha ampla participación de público, consistiu nun programa de actuacións ao aire libre a cargo do alumnado e profesorado do Conservatorio Municipal, que este ano celebra o seu 25 aniversario. As diferentes especialidades musicais ofreceron interpretacións repartidas ao longo do tramo peonil do Cardeal, culminando cunha actuación conxunta da orquestra.

O Alcalde, José Tomé, destacou que “con esta mostra musical pretendemos dar a coñecer a actividade que se realiza no Conservatorio dun xeito distinto ao habitual, máis aberto e público, procurando a formación integral do alumnado e intentando crear ao mesmo tempo un ambiente musical nestas céntricas rúas”.

0.13119292259216