Monforte conta cun Punto Morado durante a celebración das súas festas patronais

RibeiraSacraXa
O concello de Monforte conta cun Punto Morado durante a celebración das súas festas patronais, dende o xoves 11 e ata o martes 16
puntovioleta monforte.portada
puntovioleta monforte.portada
12 Ago 2022

O concello de Monforte ven de colocar un punto violeta na cidade que ten por obxectivo previr e atender a posibles vítimas de agresión sexistas durante o período de celebración das festas patronais.

Deste xeito, o Equipo de Goberno situou unha caravana morada, de atención e  concienciación contra as agresións sexistas, que estará atendida por un equipo técnico especializado en previr e orientar na loita contra a violencia de xénero, e que está situada no entorno do Parque de los Condes ao lado da pérgola e do BBVA e permanecerá do 11 ao 16 de agosto, durante a celebración das festas. A caravana foi visitada hoxe pola concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.

O horario da caravana morada será, de maneira ininterrompida, de 23.00 a 5.00 horas da madrugada.

A caravana morada informa, asesora e fai visible o rexeitamento comunitario do acoso e agresións de xénero a través de profesionais especializados en psicoloxía contra a violencia de xénero, criminoloxía e técnicos de igualdade ofrecen este servizo itinerante que nace en para chegar a todos os concellos , mulleres e público en xeral.

Este punto morado ten un dobre compoñente: por unha banda, concienciar e facer visible o compromiso social e o rexeitamento comunitario das violencias informando sobre os recursos dispoñibles contra a violencia de xénero ó público en xeral e por outro, a caravana morada presta o servizo de atención directa a mulleres dentro das festas en coordinación coas forzas de seguridade atendendo ás mulleres que así o demanden.

Os compoñentes da caravana morada está formado por dúas técnicas, unha psicóloga especializado en xénero e criminoloxía e unha traballadora social axente de igualdade. Ambas asisten e asesoran na caravana morada ás mulleres que así o necesiten e informan sobre os recursos dispoñibles a nivel local, comarcal, autonómico e nacional.

Todas estas actuacións están coordinadas polo concello de Monforte e financiadas con cargo ós fondos da Secretaria Xeral de Igualdade en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

puntovioleta monforte
0.19331693649292