Monforte conmemora o Día das Letras Galegas cun festival de música, un certame de narración e debuxo infantil e rutas polo municipio

RibeiraSacraXa
Monforte conmemora o Día das Letras Galegas cun festival de música, un certame de narración e debuxo infantil e rutas polo municipio
cerlame_letras_galegas_monforte
17 May 2023

O Concello de Monforte de Lemos, a través da súa concellería de Cultura, conmemorará o Día das Letras Galegas deste ano 2023,a través de varias actividades dedicadas a públicos diversos.

A primeira, que terá lugar durante o día de hoxe, é un festival de música que se celebrará na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro a partir das 12.00 horas e que contará coas actuacións da Coral Polifónica do Concello de Monforte e do Grupo de Gaita da Escola de Música do Concello de Monforte.

A seguinte está programada para desenvolverse de maio a xuño e está dirixida ao público en xeral. Consiste na organización de “roteiros literarios por Monforte” que terán que estar previamente concertados co Concello e que están pensados para celebrarse nas principais rúas e prazas da cidade.

A última é un certame de narración e debuxo infantil convocado pola Biblioteca Municipal Poeta Lois Pereiro e que ten como prazo máximo para a presentación dos traballos. O certame convócase para tres categorías de participantes nas dúas modalidades, narración e debuxo, en función das idades dos distintos candidatos a sair premiados. Os finalistas do certame pasan directamente á fase provincial que se desenvolverá a finais de maio e de onde sairán os premiados provinciais definitivos.

0.16556906700134