Monforte celebra o San Cristóbal coa visita de 24 camioneiros do sur da provincia

RibeiraSacraXa
Tras percorrer as principais rúas da cidade, concentráronse no aparcamento do Complexo Municipal da Pinguela
camioneiros-monforte
4 Jul 2026

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, celebrou este sábado o día de San Cristóbal, patrón dos condutores, dando a benvida a Monforte a un grupo de camioneiros, que achegou 24 camións ata a cidade do Cabe, dando continuidade a unha iniciativa que naceu hai varios anos da man de varios profesionais da zona para conmemorar esta festividade. Nesta ocasión achegáronse a Monforte camións de diferentes puntos do sur de Lugo que percorreron o centro urbano dando visibilidade ao colectivo.

Tras percorrer as principais rúas da cidade, os camioneiros e os seus vehículos concentráronse no aparcamento do Complexo Municipal da Pinguela, onde foron recibidos polo Alcalde, que lles deu a benvida desexándolles unha boa ruta e festividade do patrón.

0.12426900863647