Monforte acollerá o día 23 un curso sobre podoloxía en pequenos rumiantes

RibeiraSacraXa
O concello de Monforte de Lemos acollerá o vindeiro 23 de novembro un curso sobre podoloxía en pequenos rumiantes
rumiantes
rumiantes
16 Nov 2022

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar un curso en Monforte de Lemos sobre principios de podoloxía en pequenos rumiantes. O obradoiro celebrarase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos o vindeiro mércores 23 de novembro en horario de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

O obxectivo desta formación é que os alumnos obteñan os coñecementos necesarios acerca dos principais problemas da podoloxía dos pequenos rumiantes, tanto das súas posibles causas como dos seus tratamentos, para que poidan  realizar unhas boas prácticas neste eido e paliar ou resolver moitos dos problemas que se atopan as persoas titulares das explotacións gandeiras con respecto á saúde das patas do gando ovino e cabrún.

Este curso está dirixido á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2022 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas

Nesta páxina pode atoparse información do curso e facer a preinscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a  ceca.monforte@edu.xunta.es.

0.18727207183838