Monforte acollerá este verán novos cursos de música e danza para persoas de máis de seis anos
Volven os cursos de verán de música e danza do Concello de Monforte, que e desenvolverán en distintas semanas no Conservatorio municipal 'Mestre Ibáñez' en horario de mañá.
As materias de música estarán dirixidas a alumnos a partir de 6 anos de idade e constará de talleres de práctica instrumental en especialidades como guitarra, violín, piano, saxofón, clarinete, frauta doce, frauta Ttravesa, trompeta, trombón, taita, percusión moderna (batería) e percusión tradicional galega (pandeireta, pandeiro, tambor...).
A parte da danza, pola súa parte, está dirixida a nenos e rapaces en xeral a partir de 6 anos e formaranse distintos talleres por idades en danza tradicional galega, moderna e clásica.
Inscricións
Cada materia terá unha duración dunha hora que se reservará no momento da inscrición e en cada solicitude de inscrición, os alumnos poderán inscribirse nun total de dúas materias, de música, danza ou ambas, cunha taxa de 25 euros. Poderase participar en máis materias cubrindo outra nova solicitude como máximo.
Así, as persoas interesadas poderán inscribirse ata o 18 de agosto de 2023, na ventanilla da oficina de rexistro do Concello de Monforte en horario de mañá, aportando a solicitude debidamente cuberta e reservando no momento da inscrición a praza concreta co seu horario específico co seu horario específico e en riguroso orden de chegada.