Monforte acolle o Concerto de Corais de Nadal na igrexa da Nosa Señora da Antiga

RibeiraSacraXa
A Coral Polifónica de Monforte e a Coral Auria Canta de Ourense protagonizarán o tradicional Concerto de Nadal, que supón ano tras ano unha cita ineludible e moi querida polos monfortinos e monfortinas dentro da  programación do Nadal municipal.
22 Dec 2022

A Coral Polifónica de Monforte e a Coral Auria Canta de Ourense protagonizarán o tradicional Concerto de Nadal, que supón ano tras ano unha cita ineludible e moi querida polos monfortinos e monfortinas dentro da  programación do Nadal municipal.

O concerto será este venres 23 de decembro ás 20.00 horas na a Igrexa da Nosa Señora da Antiga -Colexio PP. Escolapios e a entrada a este evento será gratuíta.

Coral Polifónica de Monforte

Fúndase en marzo de 1996 e está composta por 45 voces mixtas, o seu repertorio inclue música sacra, popular galega, habaneras, polifonía en castelán, panxoliñas…

Na nosa comunidade a coral polifónica de Monforte actuou en Ribadeo, Cee, Marín, Ourense, Pontedeume, O Grove, Mondoñedo, Lugo, Vigo, Pontevedra, etc...Así como en distintas partes do Estado como en León, Zamora e en varias localidades Asturianas como Cudillero, Villaviciosa, Mieres, La Felguera, etc..

Este ano a coral cumpre o seu 25 aniversario.

Coral Polifónica Auria Canta

A Coral Polifónica Auria Canta presentouse no ano 2000 na Praza Maior de Ourense coa directora María del Carmen González. Dende o seu comezo, realizou concertos e certames por toda Galicia: Certame de Panxoliñas de Vigo, Ourense; Mostras Corais en Celanova e Bande, Festival de Habaneras de Cee...

Tamén de xeito nacional e internacional participou en certames en Zaragoza, Toledo, Santander, Italia, Romanía; xunto con intercambios anuais con corais portuguesas.

0.18213701248169