Mellorouse a rúa Conde de Taboada a través da reordenación do tráfico e o seu pintado

RibeiraSacraXa
Esta obra, unida ao arranxo da beirarrúa desde a Avenida de Lugo ata o cruce coa rúa Ánxel Fole, "deixa esta zona da vila cunha cara moi renovada"
rúa-Conde-Taboada
25 sep 2024

O alcalde de Taboada, Roi Rigueira, informa de que nos pasados días tivo lugar o pintado da rúa Conde de Taboada, para así rematar a obra que levaba executándose varias xornadas.

Así, procedeuse ao ordeamento do tráfico de dita rúa mediante a sinalización horizontal de liñas laterais, pasos de peóns (na intersección coa avenida de Lugo e outros dous á altura do instituto) e demais símbolos. Ademais, creouse unha zona de aparcamento en liña na subida entre o colexio e o instituto.

Tamén se aglomerou a explanada de estacionamento do CPI San Tomé do Carballo para maior comodidade do alumnado, profesorado e pais e nais, sobre todo naqueles días que están pasados por auga.

Esta obra, unida ao arranxo da beirarrúa desde a Avenida de Lugo ata o cruce coa rúa Ánxel Fole, "deixa esta zona da vila cunha cara moi renovada a hai tan só uns poucos meses", conclúe o rexedor.

0.16832304000854