Medio Rural destinará 600.000 euros á modernización do regadío do Val de Lemos

RibeiraSacraXa
A Xunta axilizará a mobilidade de terras no Val de Lemos para optimizar as súas producións agrogandeiras e forestais
María José Gómez-val-de-lemos
María José Gómez reúnese con alcaldes da comarca do Val de Lemos
20 Nov 2024

A Xunta reiterao seu apoio á modernización do regadío do Val de Lemos, que se plasma, entre outras medidas, co compromiso de destinar un total de 600.000 euros a esta finalidade, unha partida contemplada nos orzamentos autonómicos para o 2025.

A Consellería do Medio Rural axilizará a mobilidade de terras no Val de Lemos para optimizar as súas producións agrogandeiras e forestais. Así, afondarase na investigación da propiedade e na definición das diferentes utilidades do territorio, mediante un catálogo de usos específico, co fin de incentivar o seu aproveitamento rendible e sustentable.

Así o explicou a titular do departamento, María José Gómez, tras reunirse en Lugo con representantes municipais dos concellos de Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón e Sober para avanzar na colaboración institucional nesta materia. Gomez estivo acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. Por parte municipal, participaron no encontro os alcaldes de Bóveda e Pantón, José Manuel Arias e José Luis Álvarez, respectivamente, a tenente de alcalde de Monforte de Lemos, Gloria Prada, e o concelleiro de Sober, Iván Armesto.

Ao tempo, a conselleira insistiu -como xa fixera a principios de mes en Madrid a directora da Agader na Mesa Nacional do regadío- en defender a inclusión do proxecto do Val de Lemos nos próximos plans de mellora da eficiencia e da sustentabilidade en regadíos. Ademais, incidiu na necesidade de que se teña en conta esta modernización para aquelas zonas nas que as reestruturacións parcelarias aínda non son unha realidade.

0.15091395378113