Mar de Lumes pide desde Monforte a participación na manifestación en favor de Palestina

RibeiraSacraXa
Neste sentido, reclaman unha acción simbólica de colgar unha bandeira palestina desde a Torre da Homenaxe do Concello de Monforte
Monforte-con-Palestina
30 sep 2024

Desde Mar de Lumes fan un chamamento a toda a sociedade para "esixir a liberdade do pobo palestino e denunciar o xenocidio que o ocupante israelí está a cometer na rexión con total impunidade".

Neste sentido, reclaman unha acción simbólica de colgar unha bandeira palestina desde a Torre da Homenaxe do Concello de Monforte como xesto de solidariedade coa causa palestina e de rexeitamento ás violacións de dereitos humanos na rexión.

Ademais, animan a participar na manifestación que terá lugar o próximo 6 de outubro ás 12.00 horas en Santiago de Compostela, onde unirán as nosas voces en defensa da xustiza e a liberdade.

Para facilitar a asistencia, poñerase ao dispor un autobús gratuíto desde diferentes puntos. Ás 9.00 horas terá lugar a saída desde Quiroga, fronte ao "Quiper"; ás 9.30 horas Parada na Pobra do Brollón; ás 9.45 horas Parada en Monforte de Lemos, nas Casiñas da Compañía; ás 10.00 horas Parada en Pantón, fronte ao "París"; 10.15 horas Parada en Escairón, no Círculo Saviñao; ás 10.30 horas Parada en Chantada, xunto ao cemiterio.

Para reservar praza, é necesario anotarse chamando ao 982 41 60 27 en horario de 17.00 a 20.00 horas, ou enviando un WhatsApp ao 671 473 982 indicando nome, apelidos e lugar onde collerán o autobús. As inscricións estarán abertas ata o venres 4 de outubro ás 20.00 horas.

0.10829496383667