Manzaneda recupera en outubro as súas actividades gratuítas para todas as idades

RibeiraSacraXa
A programación inclúe ximnasia de mantemento, pilates, zumba, pandeireta, baile galego e clases de gaita e tambor
Imaxe recurso de ioga
1 Oct 2026

O Concello de Manzaneda retoma en outubro a súa programación de actividades gratuítas para a veciñanza, con novas franxas horarias e propostas dirixidas tanto a persoas adultas como a nenos e nenas.

As actividades comezarán os luns coa ximnasia de mantemento para adultos, de 09.10 a 10.00 horas, e continuarán pola tarde coas sesións de pilates, de 20.00 a 20.50 horas, e zumba, de 21.00 a 21.45 horas. As tres propostas desenvolveranse no Centro de Día.

Os mércores, a Ludoteca acollerá as clases de pandeireta para adultos en nivel de iniciación, de 17.30 a 18.30 horas. Os xoves volverán as clases de mantemento para adultos, de 09.10 a 10.00 horas, tamén no Centro de Día.

A programación dos venres estará dedicada ao baile galego para principiantes, con clases de 19.00 a 20.00 horas na Ludoteca.

Durante as fins de semana, a programación musical estará centrada na gaita e no tambor. Os sábados, de 11.00 a 12.00 horas, haberá clases de gaita para nenos; de 12.00 a 13.00 horas, tambor para nenos e adultos; e de 13.00 a 14.00 horas, gaita para adultos. Estas actividades celebraranse na Ludoteca.

0.15019607543945