Maña produciranse cortes no subministro de auga na rúa Uxío Novoneyra de Monforte

RibeiraSacraXa
Maña produciranse cortes no subministro de auga na rúa Uxío Novoneyra do concello de Monforte, das 9 ás 14 horas
auga saneamento subministro
auga saneamento subministro
18 Out 2022

O concello de Monforte informa de que maña mércores 19 de outubro levarase a cabo un corte no subministro de auga na rúa Uxío Novoneyra, para desenvolver obras cuxo obxectivo é levar a cabo unha mellora na rede xeral de abastecemento municipal en dita zona.

Este corte no subministro de auga afectará á mencionada rúa e as obras desenvolveranse á altura da intersección coa rúa Luís Moure Mariño.

O corte levarase a cabo pola mañá dende as 9.00 ata as 14.00 horas, aproximadamente.

Deste xeito, o concello segue traballando para a mellora do servizo de subministro de auga de Monforte, agradece a comprensión dos veciños e pide desculpas polas molestias que estes traballos de mellora poidan ocasionar.

0.17996883392334