Mañá comeza o servizo de recollida domiciliaria de residuos na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
O Concello da Pobra do Brollón organiza unha recollida domiciliaria de residuos polas parroquias dende o 28 de novembro ata o 26 de decembro.
servizo_recollida_domiciliaria_residuos_a_pobra_do_brollón
servizo_recollida_domiciliaria_residuos_a_pobra_do_brollón
27 nov 2023

O Concello da Pobra do Brollón organiza unha recollida domiciliaria de residuos polas parroquias dende o 28 de novembro ata o 26 de decembro. Trátase dun servizo extraordinario e gratuíto.

Deste xeito, recolleranse mobles, electrodomésticos, aparellos eléctricos e electrónicos e outros residuos voluminosos. Porén, non se recollerán escombros de obras domiciliaras, residuos considerados perigosos, nin residuos mesturados en bolsas ou caixas.

Os interesados poden solicitar a recollida a través do número 982 430 001 de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00. Deberán indicar nome, teléfono, enderezo, cantidade e tipo de refugallos a recoller.