Máis de 300 persoas acudiron á XIV Xuntanza de Veciñas e Veciños da Pobra do Brollón
Máis de 300 persoas acudiron á XIV Xuntanza de Veciñas e Veciños, celebrada no pavillón municipal da Pobra do Brollón o pasado domingo.
Os veciños e veciñas pasaron unha xornada moi leda de reencontros e confraternización, na que gozaron dun xantar amenizado pola música da Escola Samoeiro.
Coma todos os anos, houbo o sorteo de agasallos doados por empresas locais, e tamén un detalle do Concello da Pobra do Brollón para todas e todos os asistentes, que nesta edición foi un pucho impermeable. Os nenos e nenas presentes tamén recibiron un agasallo doado polas empresas, e un imán da Pobra do Brollón.
E tamén se lles entregou un agasallo ao veciño e veciña de máis idade presentes no xantar, que nesta ocasión foron Visitación, de 96 anos, e Domingo, de 94.