Máis de 300 persoas acudiron á XIV Xuntanza de Veciñas e Veciños da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Entregóuselles un agasallo ao veciño e veciña de máis idade presentes no xantar, que nesta ocasión foron Visitación, de 96 anos, e Domingo, de 94
Xuntanza-de-Veciños-A-Pobra-do-Brollón
22 Out 2024

Máis de 300 persoas acudiron á XIV Xuntanza de Veciñas e Veciños, celebrada no pavillón municipal da Pobra do Brollón o pasado domingo.

Os veciños e veciñas pasaron unha xornada moi leda de reencontros e confraternización, na que gozaron dun xantar amenizado pola música da Escola Samoeiro.

Coma todos os anos, houbo o sorteo de agasallos doados por empresas locais, e tamén un detalle do Concello da Pobra do Brollón para todas e todos os asistentes, que nesta edición foi un pucho impermeable. Os nenos e nenas presentes tamén recibiron un agasallo doado polas empresas, e un imán da Pobra do Brollón.

E tamén se lles entregou un agasallo ao veciño e veciña de máis idade presentes no xantar, que nesta ocasión foron Visitación, de 96 anos, e Domingo, de 94.

0.095844984054565