Magdalena Sánchez Blesa ofrece un recital de poesía na Casa de Cultura de Quiroga
RibeiraSacraXa
O vindeiro 21 de outubro, os amantes da poesía teñen unha cita obrigatoria en Quiroga.
![casa cultura quiroga](https://ribeirasacraxa.com/wp-content/uploads/2023/09/casa-cultura-quiroga.jpg)
casa cultura quiroga
19 Out 2023
O vindeiro 21 de outubro, os amantes da poesía teñen unha cita obrigatoria en Quiroga. A poetisa Magdalena Sánchez Blesa estará na Casa da Cultura do Concello a partir das 19.00 horas.
Os asistentes, ademais de gozar da súa sensibilidade incomparable e da súa mestría emocional para conxugar palabras, poderán desfrutar da voz de Lena Álvarez, veciña do Concello de Ribas de Sil.
Lena poñerá música as palabras de Sánchez Blesa e demostrará a súa xa acreditada calidade musical. Ao remate do encontro, os asistentes poderán desgustar un viño de Quiroga D. O. Ribeira Sacra.
![palabras generosas magdalnea sanchez blesa](https://ribeirasacraxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2023/10/palabras-generosas-magdalnea-sanchez-blesa-200x282.jpg)