Luis Menor sitúa o Gran Camiño como “o mellor escaparate para amosar ao mundo as potencialidades da nosa provincia”

GaliciaXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
O presidente provincial destacou tamén a proxección internacional da proba que hoxe percorre 145,7 km entre Xinzo de Limia e Xunqueira de Espadanedo
o-gran-camiño
17 Apr 2026

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe no corte de cinta da saída da etapa raíña de O Gran Camiño, un evento deportivo que, segundo salientou o presidente provincial, consitúe o “mellor escaparate para amosar ao mundo as potencialidades da nosa provincia”, salientou Menor.

Esta esixente etapa raína, unha espectacular ruta de montaña, arrancou hoxe desde o Museo do Entroido de Xinzo de Limia e ten a meta no alto de Cabeza de Meda tras 145,7 km de percorrido que terán que percorrer os participantes tras tres días de intenso ciclismo por Galicia.

Menor puxo en valor a resposta do público ourensán que, como en anteriores edicións, demostran “a gran afección que temos na nosa provincia por este deporte e máis concretamente, en Xinzo, onde contamos cun ciclista de referencia como é Carlos Canal”, a quen entregou un recordo antes do inicio da carreira.

O presidente provincial destacou tamén a proxección internacional da proba, retransmitida en máis de 150 países, así como o seu prestixio deportivo, cun palmarés no que figuran nomes como Alejandro Valverde, Jonas Vingegaard ou Derek Gee.Reafirmouse na aposta da institución provincial por eventos que recuperan a esencia da histórica Volta Ciclista a Galicia, transcendendo o ámbito deportivo para promover tamén as posibilidades turísticas do territorio.

0.11254811286926