Luis Fernández Guitián será deputado provincial polo Partido Popular

RibeiraSacraXa
Luis Fernández Guitián será deputado provincial polo Partido Popular despois de ser elixido por unanimidade
Partido Xudicial de Monforte
23 Xuño 2023

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, é elixido como deputado provincial, por unanimidade, polos concelleiros do Partido Popular nos concellos do partido xudicial de Monforte de Lemos.

Na citada demarcación, o PP conseguiu nas eleccións celebradas o pasado 28 de maio 45 concelleiros, mentres que o PSOE logrou 26 e, o BNG, 13.

Así, queda máis conformado o panorama político da provincia de Lugo tralas eleccións municipais celebradas o pasado 29 de maio.

0.10173416137695