Katy Varela preguntará no vindeiro pleno polo recinto para os donos de cans que prometeu o alcalde de Monforte

RibeiraSacraXa
O PP de Monforte, a través da súa portavoz, Katy Varela, reivindicará no pleno do vindeiro luns que o alcalde de Monforte atenda ás necesidades dos cidadáns a través de dúas iniciativas.
camiños monforte pp
21 Sep 2023

O PP de Monforte, a través da súa portavoz, Katy Varela, reivindicará no pleno do vindeiro luns que o alcalde de Monforte atenda ás necesidades dos cidadáns a través de dúas iniciativas.

Tras visitar aos veciños das parroquias de Distriz e A Vide, o grupo municipal Popular pedirá no pleno que se arranxe o camiño que une ambas parroquias, xa que, din, "o alcalde non mostra suficiente interese polo rural nin polas parroquias de Monforte, algo que xa reivindicamos durante a campaña”. Nese sentido, cren que “parece que diferencia entre cidadáns de primeira e de segunda”.

Por outro lado, preguntarán sobre os trámites que está a levar a cabo o alcalde para resolver o conflito que existe no novo parque inaugurado no centro da cidade entre os veciños que alí soltan os cans e os que consideran que non é unha práctica axeitada. Para os populares é fundamental “aplacar os ánimos e que se poida dar unha solución de convivencia entre ambas opcións sen necesidade de que a ningún veciño lle resulte molesto”.

Por ese motivo, dende o Grupo Municipal Popular preguntarán sobre este tema, tendo en conta que “o alcalde prometeu durante a campaña electoral un recinto para poder soltar os cans, pero a polémica aínda non se solucionou”.

0.14604997634888