Foron rotulados tres vidros dunha marquesiña da parada de taxis do Concello de Monforte

RibeiraSacraXa

A marquesiña da parada de taxis do Concello de Monforte, localizada na avenida de Galicia foi rotulada "debido a que esta marquesiña conta con paneis de cristal transparente, polo que con esta rotulación contribuímos a mellorar a súa visibilidade tanto para os usuarios como para os propios taxistas, á vez que a personalizamos coa imaxe e escudo oficial do Concello”, explica o alcalde.

marquesiña Monforte
marquesiña Monforte
20 abr 2024

A marquesiña da parada de taxis do Concello de Monforte, localizada na avenida de Galicia foi rotulada "debido a que esta marquesiña conta con paneis de cristal transparente, polo que con esta rotulación contribuímos a mellorar a súa visibilidade tanto para os usuarios como para os propios taxistas, á vez que a personalizamos coa imaxe e escudo oficial do Concello”, explica o alcalde.

Os traballos consistiron na rotulación dos tres vidros da marquesiña mediante vinilo glaseado con efecto ácido, nos que se inclúe o texto identificativo da parada de taxis e o número de teléfono da mesma, así como o escudo oficial do Concello.

Do mesmo xeito, tamén se colocou un pictograma cun símbolo dun teléfono realizado en vinilo decorativo en color negro ubicado nas tres caras do caxetín que contén o teléfono onde os taxistas reciben as chamadas dos clientes.