Folgoso do Courel sufraga os gastos das viaxes para vacinarse contra a covid-19

RibeiraSacraXa
O Concello anunciou que abonará aos veciños que non teñan como desprazarse os gastos da viaxe ata o PAC de Quiroga
concello folgoso courel
concello folgoso courel
23 Feb 2021
O Concello de Folgoso do Courel vén de anunciar que sufragará os gastos das viaxes dos veciños e veciñas que non teñan como desprazarse para poñer a vacina contra a covid-19.

Así, todos os maiores que estean a ser chamados para realizar a vacinación no PAC de Quiroga poden poñerse en contacto co Concello para que sufrague os gastos derivados do traslado. Os veciños e veciñas poden asistir á vacinación no seu taxi de confianza e despois o Concello abonarálles ese pagamento. Se algún veciño ou veciña xa fixo a viaxe ao centro de saúde de Quiroga, pode solicitar igualmente un recibo ao seu taxista para que o Concello se faga cargo.

O goberno local de Folgoso do Courel avisará desta medida mediante a colocación de bandos nas aldeas do municipio, así como por medio dos pedáneos e a través das redes sociais.
0.070409059524536