Folgoso do Courel organiza un obradoiro para construír carrilanas de cara á baixada de xullo

RibeiraSacraXa
A actividade celebrarase os días 27 e 28 de xuño e permitirá aos participantes preparar os seus vehículos para a tradicional competición
Baixada-de-Carrilanas-Folgoso-do-Courel
Carrilanas en Folgoso do Courel
1 Jun 2026

O Concello de Folgoso do Courel promove un obradoiro de elaboración de carrilanas co obxectivo de preparar aos participantes para a baixada que terá lugar o próximo 18 de xullo. A iniciativa busca fomentar a participación nesta popular actividade e achegar aos asistentes os coñecementos necesarios para construír o seu propio vehículo.

O curso desenvolverase os días 27 e 28 de xuño no Centro Sociocultural de Fondo de Vila, en Folgoso, en horario de 10.00 a 13.00 horas.

A formación estará dirixida por Roberto Ferreiro, encargado de guiar aos participantes durante o proceso de deseño e montaxe das carrilanas, facilitando as técnicas básicas para a súa elaboración.

Desde o Concello destacan que esta proposta permitirá combinar aprendizaxe, creatividade e traballo manual, ao tempo que servirá para animar a veciñanza a participar na baixada prevista para o mes de xullo.

As persoas interesadas en asistir poden formalizar a súa inscrición nas dependencias municipais ou contactar co Concello a través do teléfono 982 43 30 01.

0.13836097717285