Folgoso do Courel busca homenaxear ás mulleres do municipio a través de fotografías

RibeiraSacraXa
Folgoso do Courel busca homenaxear ás mulleres do municipio a través de fotografías de mulleres referentes por algún motivo
Concello Folgoso do Courel
Concello Folgoso do Courel
1 mar 2023

Con motivo do Día da Muller, que se conmemora o 8 de marzo, o Concello de Folgoso do Courel quere homenaxear ás súas veciñas a través dunha iniciativas de fotografías de mulleres referentes.

Esta actividade consiste en mandar unha imaxe dunha nai, avoa, filla, estudante, traballadora, emprendedora... calquera muller do Folgoso do Courel acompañada dunha breve explicación de por que esas mulleres son o seu referente.

As persoas interesadas en participar deberán enviar esta imaxe ou imaxes ao correo electrónico servizossociais@folgosodocourel.com para conseguir que a súa muller relevante sexa homenaxeada.

As persoas que non dispoñan de acceso ao correo electrónico poden participar igualmente achegando o material aos Servizos Sociais do Concello.

O Concello fixo hai dous anos unha exposición sobre mulleres galegas na Historia, ás que o ano pasado se engadiron todas esas mulleres do Courel que tamén forman parte da historia da nosa vila. E con ese propósito reeditan esta iniciativa tamén este ano.

A idea é telas primeiras para o 8 de marzo, para poder exhibilas no Concello e ir sumando aquelas que cheguen despois, ao longo do mes de marzo.