Folgoso do Courel acollerá a V Festa da Cantarela este 16 de xuño

RibeiraSacraXa
A parroquia de Paderne, en Folgoso do Courel, será o escenarrio das actividades que se desenvolverán
Festa-da-Cantarela-Courel
Festa da Cantarela en 2023
11 Xuño 2024

A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel e Outonía organizan a V Festa da Cantarela o vindeiro 16 de xuño, coa axuda da Deputación de Lugo a través do programa Tradigalu.

A parroquia de Paderne, en Folgoso do Courel, será o escenarrio das actividades que se desenvolverán arredor desta festa que acollerá iniciativas tradicionais desde a mañá e ata a noite.

Así, todo comezará ás 11.30 horas cunha ruta micolóxica na que se sairá desde o quintairo en Paderne. Logo, ás 13.00 horas comezará a festa animada pola Foliada de Bosende e ás 14.00 horas terá lugar a degustación de tapas elaboradas con cantarelas.

Xa pola tarde, ás 16.00 horas terá lugar a actividade de Contos na aira ‘Coser e cantar’, con Marta Ortiz; e todo rematará a partir das 17.00 horas, cando terá lugar a presentación do CourelSon 2024, que se desenvolverá tamén na Serra do Courel entre xullo e agosto.

0.18995189666748