Folgoso do Courel acolle unha charla sobre os operativos nos incendios
RibeiraSacraXa
O vindeiro 25 de outubro o Concello de Folgoso do Courel acolle un encontro informativo que ten lugar en parroquias de alta actividade incendiaria.
![concello folgoso courel](https://ribeirasacraxa.com/wp-content/uploads/2021/02/concello-folgoso-courel-1.jpg)
concello folgoso courel
24 Out 2023
O vindeiro 25 de outubro o Concello de Folgoso do Courel acolle un encontro informativo que ten lugar en parroquias de alta actividade incendiaria.
A actividade comezará ás 18.00 horas no salón de actos do Concello. Nela tratarase o operativo na situación de emerxencia e as distintas medidas preventivas a ter en conta na zona urbano-forestal.
Ademais, tamén se falará sobre os protocolos existentes de autoprotección e defensa e sobre os coidados e boas prácticas no monte.
![charla_parroquias_actividade_incendiaria_courel](https://ribeirasacraxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2023/10/charla_parroquias_actividade_incendiaria_courel-200x283.jpg)