Un faladoiro dirixido ao sector da apicultura terá lugar en Folgoso do Courel

RibeiraSacraXa
O vindeiro venres 1 de decembro Folgoso do Courel acolle un novo faladoiro ao territorio.
abellas apicultura
27 Nov 2023

O vindeiro venres 1 de decembro Folgoso do Courel acolle un novo faladoiro ao territorio. A proposta, baixo o nome de 'Control sanitario fronte os retos da apicultura actual', terá lugar no salón de actos do Concello de 19.00 a 21.00 horas.

A primeira exposición fará referencia á incidencia e tratamento das enfermidades da colmea ante os retos do cambio climático e virá da man de Gonzalo Calvo Díaz, veterinario da Asociación Galega de Apicultores. Despois será a quenda dos apicultores David Liñares González e Iago Roca Agra que falarán da figura do apicultor fronte á velutina e algunhas experiencias prácticas.

A actividade desenvólvese como continuidade do Proxecto de cooperación Leader Paisaxes intelixentes que coordina o GDR Ribeira Sacra - Courel xunto cos GDRs Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, GDR Terras de Compostela, GDR Costadamorte e Asociación Deloa. Os interesados deben realizar a súa inscrición a través da ligazón.

paisaxes_intelixentes_folgoso
0.17849206924438