Extinguido o incendio forestal que queimou 32 hectáreas de monte en Manzaneda

GaliciaXa | RibeiraSacraXa
O lume, que se orixinou na parroquia de San Miguel de Bidueira, estivo activo durante case 22 horas antes de ser controlado por completo
incendio-manzaneda
Imaxe de arquivo
7 Nov 2026

O incendio forestal que se declarou no concello ourensán de Manzaneda, concretamente na parroquia de San Miguel de Bidueira, foi dado por extinguido ás 16.40 horas de hoxe, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

As lapas comezaron ás 18.44 horas de onte, polo que os traballos de extinción se prolongaron durante case vinte e dúas horas. Unha vez sufocado por completo, o balance final sinala que o lume calcinou un total de 32 hectáreas de monte raso.

Para facer fronte ao incendio despregouse un amplo operativo composto por 5 axentes, 11 brigadas e 8 motobombas, que traballaron de xeito conxunto ata lograr a súa completa extinción.

0.12406706809998