Esta tarde celébrase o Festival de fin de curso da Casa da Música de Chantada

RibeiraSacraXa
Esta tarde celébrase o Festival de fin de curso da Casa da Música de Chantada a partir das 18.30 horas no polideportivo
Casa de Chantada festa fin de curso
Casa de Chantada festa fin de curso
3 Xuño 2023

A sección tradicional da Casa da Música de Chantada organiza un festival de fin de curso esta tarde a partir das 18.30 horas, dedicado a Alejo Pacín, un dos seus alumnos, recentemente falecido.

O Auditorio Municipal acollerá esta actividade gratuíta, na que actuarán os alumnos e alumnas de gaita, pandeireta, percusión tradicional e baile galego.

Ademais disto, a Casa da Música de Chantada xa abriu o seu prazo de matrículo para o vindeiro curso 2023-2024 e no que as persoas interesadas xa se poden apuntar ata o vindeiro 20 de xuño.

O custo da matrícula é de 30 euros na primeira materia e de 15 euros para as seguintes e ao matricularse nun instrumento, tense dereito a asistir á materia de linguaxe musical e á de combo polo mesmo prezo.

IMG_4455
0.19458913803101