Esgos entra na recta final para asegurar entrada no seu magosto do 8 de novembro

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A venda anticipada en bares, tendas e oficinas municipais segue aberta ata o 6 de novembro, antes da festa na Praza da Souteira
Magosto Esgos 2026
2 Nov 2026

Esgos ultima os preparativos do seu magosto, que terá lugar o domingo 8 de novembro na Praza da Souteira a partir das 13.30 horas, coa actuación musical da charanga 'A Felga' como principal atractivo da xornada.

Quen aínda non conseguise a súa entrada conta con poucos días para facelo, xa que a venda anticipada habilitada en bares e tendas do municipio, así como nas oficinas do Concello, mantense aberta ata o 6 de novembro. O prezo fixado para esta modalidade é de 15 euros para os adultos e de 6 euros para os nenos de entre 4 e 11 anos.

Dende a organización insisten en que, de esgotarse as entradas antes desa data, non se garante a súa dispoñibilidade o mesmo día do evento. No caso de quedaren prazas libres, estas porranse á venda o propio domingo 8 de novembro, aínda que cun prezo superior, de 18 euros.

0.18293786048889