Escairón presenta o programa das súas festas patronais


Escairón xa está preparado para celebrar a próxima fin de semana as súas festas patronais, entre o 3 e o 6 de agosto na honra á Virxe das Dores.
O sábado 3 quentarán motores coa actuación de Gin Toni's xunto a Malenne e Punto Clave pola noite.
O domingo arrancarán a programación coa misa das 13.00 horas para citar á tarde, concretamente ás 18.30 horas á veciñanza para disputar o duelo entre Atlético Escairón e o Córgomo. No apartado musical destaca a actuación de Banda de Prado ademais de Panorama e Nueva Fuerza.
O luns tamén contarán con verbena, nesta ocasións cargo doutras dúas orquestras, Galilea e Gran Parada.
O derradeiro día, o martes 6, celebrarase a tradicional carreira de burros e o público poderá gozar de máis fútbol, nesta ocasión o equipo local enfrontarase ao CD Lugo B. No relativo á música, a charanga Louband animizará toda a xornada e pola noite contará coa actuación de El Combo Dominicano para rematar as festas cun festival de DJ entre os que figuran DJ Rokiño, Marcos Magán, Espasantes e Carballas.
