Entregados os trofeos do VII Torneo de Fútbol-8 CF Monforte no campo Luis Bodegas

GaliciaXa | RibeiraSacraXa
O torneo reúne equipos de toda Galicia e continúa este domingo coas categorías inferiores
entrega-trofeos-cf-monforte
14 Jun 2026

O alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, participou este sábado na entrega de medallas e trofeos do VII Torneo de Fútbol-8 CF Monforte, que se celebra no campo municipal Luis Bodegas.

No acto tamén estivo presente a presidenta do club, Vanesa Fernández. A competición está organizada polo CF Monforte en colaboración co Concello e reúne equipos de diferentes puntos de Galicia.

Na xornada do sábado disputouse o torneo na categoría infantil, con equipos como SD Sarriana, UD Ourense, SD Becerreá, CD Allariz, CDC Pereiro, CD A Rúa, EDC Verín e o propio CF Monforte. Na final, o CD A Rúa proclamouse campión tras impoñerse ao CF Monforte, que quedou en segunda posición. O terceiro posto foi para o SD Becerreá.

O alcalde felicitou aos participantes e trasladou os parabéns aos equipos gañadores, destacando o ambiente deportivo da competición.

O torneo continúa este domingo coas categorías prebenxamín, benxamín e alevín, que se disputan en varios campos simultaneamente. En cada unha delas participan oito equipos procedentes de distintos clubs galegos, completando así unha fin de semana de fútbol base no municipio.

0.12621402740479