Entregados os premios do certame de debuxo Tradescola

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A deputada de Cultura Iria Castro e a concelleira de Cultura de Lugo Maite Ferreiro participaron esta tarde da xornada sobre as tradicións de outono organizada pola Tradescola no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo, coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
premios debuxo tradescola
24 Nov 2023

A deputada de Cultura Iria Castro e a concelleira de Cultura de Lugo Maite Ferreiro participaron esta tarde da xornada sobre as tradicións de outono organizada pola Tradescola no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo, coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Un obradoiro de fabricación de xoguetes sonoros, un obradoiro de xogos bailados e cantigas relacionados con estas datas, un magosto e xogos tradicionais da man de Xotramu deron a benvida ao outono nesta xornada, na que se entregaron os agasallos ás nenas e nenos finalistas do X Certame de Debuxo sobre o baile e os instrumentos da música tradicional, ao que se presentaron máis de 250 debuxos realizados por nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria de centros de ensino da provincia de Lugo.

Iria Castro e Maite Ferreiro deron os parabéns as finalistas e gañadora do certame e remarcaron “a importancia destas iniciativas que crean interese e amor pola cultura e a música tradicional".

O certame de debuxo é parte das actividades que a escola de música tradicional da Asociación de Gaiteiros Galegos desenvolve ao longo do ano no eido da formación e da divulgación da música tradicional, co apoia da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Ademais destas actividades de difusión e promoción da cultura tradicional, a Tradescola imparte aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, e linguaxe musical ás que asisten máis de 300 alumnas e alumnos.

https://galiciaxa.com/2023/11/lxa/ax-lxa/240402/

0.10007500648499