Eduardo Clavijo presenta en Sober un libro sobre xeoloxía galega

O xeólogo Eduardo Clavijo presentará este venres, 17 de abril, en Sober o seu libro “¿Cómo se formó este paisaje? Geología de Galicia”, unha obra centrada na divulgación da xeoloxía do territorio galego.
O acto terá lugar ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Sober. A actividade está organizada por Colado do Vento.