Durante este mes de decembro pódese visitar en Chantada unha exposición de pintura

RibeiraSacraXa
Durante este mes de decembro pódese visitar no concello de Chantada unha exposición de pintura de traballos de pintura en tea e óleo
obradoiro chantada2
12 Dec 2022

A Casa da Cultura do concello de Chantada acolle durante este mes de decembro unha exposición de traballos de pintura en tea e óleo.

Os alumnos e alumnas encargados de realizar estes traballos son os integrantes dos cursos gratuítos para maiores organizados polos Servizos Socias do Concello de Chantada que están a ter lugar no municipio dende este outono.

Os seus traballos poderanse ver durante todo este mes de decembro na exposición que organiza o Concello de Chantada, unha iniciativa chea de orixinalidade e cor que pon en marcha a creatividade dos maiores chantadinos.

0.18575596809387