Dolores Redondo presenta o seu último libro en Monforte

RibeiraSacraXa
A escritora Dolores Redondo presentou o seu último libro "Esperando al diluvio" en Monforte pola vinculación que ten con esta zona, á que acude con certa asiduidade e na que ten vínculos familiares e de amizade, a pesar de que a obra non estea ambientada ambientada na localidade nin na Ribeira Sacra.
22 dic 2022

O alcalde de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Servizos, José Luis Losada, Consumo, Regina López, e Cultura, Marina Doutón, asistiron á presentación, na que o alcalde agradeceu que Dolores Redondo escollera Monforte coma unha das nove cidades para presentar o seu último libro.

Ademais, Dolores Redondo gañou o Premio Planeta en 2016, con “Todo esto te daré”, un libro ambientado na Ribeira Sacra e que presentou en decembro dese mesmo ano no Centro do Viño, pol que o alcalde dixo que “é unha embaixadora nosa que fixo protagonista a Monforte e á Ribeira Sacra no libro co que gañou o Premio Planeta, polo cal sempre é benvida”.

Así, a presentación, que foi organizada ola Asociación de Prensa de Lugo e contou coa colaboración do Concello de Monforte e da Deputación de Lugo, desenvolveuse no auditorio do
Edificio Multiusos e desenvolveuse un coloquio-mesa redonda coa escritora, que conversou e respondeu ás preguntas de tres xornalistas: Rocío Cortes, Manola Porto e Luisa Rodríguez.