Diversas actividades para poñer en valor o Día das Letras Galegas terán lugar ata finais de maio en Bóveda
Bóveda acolle diversas actividades pola semana na que se celebra o Día das Letras Galegas para poñer en valor unha data na que se o galego é o protagonista e este ano Francisco Fernández del Riego será o homenaxeado.
Así, o 15 de maio ás 15.30 horas, o Concello de Bóveda organiza un espectáculo infantil da man de Eva Tato González que se chama "Rúa Francisco Fernández del Riego". Xa pola tarde dese mesmo día, desde as 16.30 ás 18.30 horas, será o tempo da ocioteca, na que os pequenos poderán desfrutar de obradoiros infantiles das Letras Galegas.
Neste mesma semana, o 18 de maio, ás 11.00 horas, terá lugar a exposición de audiovisuais sobre as Letras Galegas no centro sociocultural de Bóveda. Este mesmo día, ademais, comeza a exposición na biblioteca "Desde a miña fiestra. Vida, obra e legado de Francisco Fernández del Riego"; que se manterá ata o día 29 de maio.
Por último, o vindeiro 27 celebraranse dous actos, a inaguración da exposición Gelín Fernández "Momentos" ás 18.00 horas, e o segundo Slam de Poesía en Bóveda, que terá lugar tamén no centro sociocultural do municipio ás 19.00 horas.