Diversas actividades forman parte do programa de actividades deste curso no Concello do Saviñao
RibeiraSacraXa
As persoas interesadas en formar parte dalgunha das actividades que pon en marcha o Concello do Saviñao poderán inscribirse antes do 30 de setembro
26 sep 2024
O Concello do Saviñao presenta unha serie de actividades que se desenvolverán durante este curso 2024-2025 de diferente tipoloxía e ás que as persoas interesadas poderán apuntarse antes do 30 de setembro.
Desta maneira, haberá pilates e ioga impartidas unha hora semanal cada unha en Escairón, haberá memoria os martes de 10.30 a 12.00 horas na ludoteca municipal e tamén haberá manexo de whatsapp os xoves de 10.30 a 12.00 horas na ludoteca municipal.
Outras actividades serán pintura, os venres de 18.00 a 20.00 horas en Escairón ou Currelos, pádel os xoves nun horario sen determinar en Escairón e manualidades, os mércores de 10.30 a 12.00 horas na ludoteca municipal.