Diferentes necesidades tratáronse nas Xornadas sobre o Plan de Desenvolvemento Local no Courel

RibeiraSacraXa
Diferentes necesidades tratáronse nas Xornadas sobre o Plan de Desenvolvemento Local no Courel na xornada do venres
Xornadas Courel Destino e Futuro
Xornadas Courel Destino e Futuro
1 jul 2023

As Xornadas sobre o Plan de Desenvolvemento Local no Courel, que tivo lugar no Concello de Ribas de Sil, nas que se profundou sobre as necesidades reais do Courel nunha xornada de charlas, coloquios e mesas de debate, nas que participaron diferentes entidades e profesionais.

Así, nesta xornada, dentro do proxecto 'O Courel Destino e Futuro Vital', falouse sobre a potenciación e maior difusión para fidelizar a marca do Xeoparque e dos Montes do Courel, das infraestruturas viarias adecuadas, da sinalización e acondicionamento das rutas, da limpeza dos montes respectando a natureza, da xestión focalizada en enxalzar e dar a coñecer o seu patrimonio natural e cultural, da profesionalización/fixación dos traballadores, da conexión entre os diferentes actores da zona para crear paquetes turísticos atractivos e que inclúan a todos os sectores, da transformación dixital para unha conectividade segura e do compromiso real das administracións públicas para que as axudas e subvencións cheguen aos que realmente as necesitan.

Como apuntou o moderador destas mesas, Xulio Giz, "queda evidenciado o potente capital humano que está detrás de todos os proxectos onde impera o entusiasmo e as ganas de facer ben as cousas, un desexo desde o corazón de converter ao Courel nun referente da vida rural galega exitosa".

Participantes

Ademais das representantes do proxecto, Noa Innovae  Rosa Feijoó, tamén formaron parte destas xornadas os representantes dos concellos involucrados, os alcaldes Miguel Angel Soutela de Ribas de Sil e José Luís Rivera de Quiroga.

Asistiron como relatores, representando á Xunta de Galicia, Pomba Vázquez (Xefa da área Provincial de Turismo), Pilar Fernández (Xefa territorial da Consellería de Emprego e Igualdade), M. Olga Iglesias (Xefa Territorial de Medio Rural), Patricia Vázquez (Xefa do Servizo Provincial de Urbanismo), Cristina Franco en representación da Oficinas Conecta de Lugo e Ana Mel (Xefa da área de Cultura) como asistente.

En representación das empresas e de emprendementos e actividades da zona participaron nas distintas mesas Guillermo Díaz e Iván Álvarez de Coureleando, Juan Luís Vázquez de Casa de Outeiro e Casa do Estanco, Diego Garcia de Miudiño S.Coop, Manuel López  da Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, Roi Estévez de Proxecto Vieiros, Nuria Iglesias de Mobyfi, Laura Aldariz de Tecgal Enerxias e Ramón Vila, director dos Museos de Quiroga.