Desvíase o tráfico pesado da estrada LU-651 ao seu paso por Folgoso do Courel por obras

RibeiraSacraXa
Desvíase o tráfico pesado da estrada LU-651 ao seu paso por Folgoso do Courel por obras que mellorarán distintos puntos da estrada
obras folgoso
obras folgoso
14 Feb 2023

Os traballos de estabilización dun noiro na estrada autonómica LU-651 ao paso polo concello de Folgoso do Courel farán necesario o desvío do tráfico pesado desde este luns día 13 e a ata o vindeiro 24 de febreiro.

A Consellería de infraestruturas e Mobilidade está a desenvolver distintas intervencións de emerxencia para a estabilización de muros e de noiros danados polos últimos temporais en catro puntos quilométricos da estrada autonómica LU-651 ao paso polo concello de Folgoso do Courel, que se corresponden cos quilómetros: 18+100, 28+500, 29+120 e 29+500.

As intervencións, que comezaron este luns día 13 e durarán ata o vindeiro 24 de febreiro, suporán un investimento autonómico de máis de 230.000 euros.

En concreto, empezaron as obras no quilómetro 29+120 no que recentemente se produciu un desprendemento do noiro de terraplén que afectou á plataforma da estrada, causando o estreitamento do carril dereito ao afundirse parte do firme.

As obras consisten na execución dun muro de dique para o sostemento da plataforma, a reposición do firme e dos sistemas de contención da estrada. A duración desta intervención estímase en dúas semanas, desde este luns e ata o vindeiro 24 de febreiro.

Deste xeito, durante o tempo de execución dos traballos estará habilitado o un desvío para o tráfico pesado, mentres que para o resto de vehículos facilitarase o paso alternativo.

A Xunta ten tamén pechada a planificación das actuacións do resto de puntos da estrada LU- 651 afectados polo temporal dos pasados meses, tendo previsto iniciar ao remate desta primeira intervención, as obras de estabilización no punto quilométrico 28+500.

Neste caso os traballos consistirán na execución dun muro de dique, para o que tamén será necesario outro corte de estrada durante a intervención.

0.18672108650208