Destacan o "estusiasmo" das participantes na Romaría de San Lourenzo da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Desde o Concello din que "a calor non impediu que a veciñanza de Cereixa e visitantes gozaran da festa, amenizada dende a mañá ata a noite
Romaría-de-San-Lourenzo-A-Pobra-do-Brollón
13 Aug 2024

O Concello da Pobra do Brollón celebrou a Romaría de San Lourenzo, que comezou coa misa na igrexa da Cereixa e seguiu coa procesión cara o castro, na que destacan o "entusiasmo" das persoas participantes.

Así, desde o Concello din que "a calor non impediu que a veciñanza de Cereixa e visitantes gozaran da festa, amenizada dende a mañá ata a noite coa música de Lagháchema, Ukestra do Medio e Néstor Pardo, ata acabar baixo as Lágrimas de San Lourenzo con sesión DJ de Adri e Hadri".

A Romaría de San Lourenzo, que está organizada pola Asociación Veciñal María Castaña, conta coa axuda do campo de voluntariado que promove Xuventude Galicia, e ten o apoio do Concello da Pobra do Brollón e da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Ademais, coa Romaría concluíu a sétima edición do Campo de Voluntariado, aínda que os labores arqueolóxicos no Castro continuarán uns días máis.

Finalemente, lembran que ata finais de mes aínda se pode visitar o xacemento dentro do programa de visitas guiadas 'Déixate Guiar' que oferta o Concello da Pobra do Brollón.

0.16608095169067