Cursos de iniciación á cata de viños serán impartidos no Ateneo Casino de Monforte
RibeiraSacraXa
Cursos de iniciación á cata de viños serán impartidos no Ateneo Casino de Monforte os xoves 2, 9 e 16 de marzo
![vino cata copa](https://ribeirasacraxa.com/wp-content/uploads/2021/04/vino-cata-copa.jpg)
vino cata copa
26 Feb 2023
Ateneo Casino de Monforte organiza uns cursos de iniciación á cata de viños, tanto tintos como brancos, os xoves 2, 9 e 16 de marzo de 20.30 a 22.30 horas.
Estes cursos serán impartidos por Antonio Lombardía, Fabio Algueira e Gelín Fernández, que ensinarán o arte da cata de viños.
Ao remate de cada clase, haberá unha degustación dun viño con Denominación de Orixe Ribeira Sacra e petiscos locais.
Para apuntarse a estas clases, que terán un custo de 20 euros por persoa, pódese chamar ao número 648 435 033.
![Cata de Viños Ateneo Casino](https://ribeirasacraxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2023/02/Cata-de-Vinos-Ateneo-Casino-200x282.jpg)